Nó (botánica)
Aparencia
En botánica, o nó ou a broulla é a parte avultada no talo de certas plantas dende onde nacen as follas. A porción de talo que separa dous nós denomínase entrenó.
Internamente, a organización dos tecidos nun nó é diferente á dun entrenó, por mor a que nos nós existe a conexión do sistema vascular entre a folla e mailo talo. É común en vexetais coma a cana ou as gramíneas.